Descobre os nosos produtos 100% ecolóxicos

Contamos con produtos ecolóxicos localizados na zona de Quiroga e serra do Caurel. A nosa produción distribúese en dúas ramas diferenciadas: por unha parte o mel, tanto de breixo coma de castiñeiro, e por outra o pole de castiñeiro. As nosas colmeas sitúanse en diferentes zonas do val de Quiroga. Os contrastes na climatoloxía e as diferenzas na vexetación e a orografía confírenlle aos nosos produtos unhas calidades únicas e características que non atopará noutros. Pode consultar os prezos máis recentes a través dos datos da sección de contacto desta web.

Catálogo de produtos

--------------------------------------------------------

Mel de castiñeiro. Envase de 1Kg

O mel de castiñeiro, producido polas abellas tras visitar as flores do castiñeiro, debe o 80% da súa composición a este tipo de flores. Trátase dun produto cunha gran riqueza en ferro, potasio, magnesio e oligoelementos. Considérase beneficioso para a circulación sanguínea así como tamén favorece a dixestión. É moi aconsellable tomalo diariamente para subir as defensas do organismo e evitar enfermidades como a gripe ou arrefriados. Este mel mantén todas as súas propiedades naturais intactas debido a que se trata dun produto ecolóxico. Nos cambios de temperatura cristaliza, pero se se quenta a menos de 30 graos volve ao seu estado líquido sen perder as súas propiedades.

--------------------------------------------------------

Mel de breixo. Envase de 1Kg

O mel de breixo é o producido polas abellas que visitan as flores dos breixos. Esta variedade xérase a partir das flores de dez especies distintas de breixo, contendo máis dun 90% destas. Trátase dun mel menos doce pero que tamén ten moitos beneficios para a saúde, debido a que posúe unha gran cantidade de minerais. É aconsellable en casos de retención de líquidos, así como para o tratamento de anomalías do aparato urinario. Ao igual que o mel de castiñeiro trátase dun produto totalmente ecolóxico e tamén nos cambios de temperatura chega a cristalizar, polo tanto débese quentar a menos de 30 graos para volver ao seu estado líquido sen perder as súas propiedades.

--------------------------------------------------------

Pole de castiñeiro. Envase de 200g

O pole de castiñeiro é un poderoso enerxizante debido ao seu alto contido en hidratos de carbono, totalmente natural e que actúa como regulador das funcións do organismo. O pole está formado por hidratos de carbono, proteínas, vitaminas, minerais e substancias que achegan grandes beneficios ao organismo. Este produto é recollido polas abellas das flores e as distintas plantas. Elas transpórtano mediante as súas patas, mestúrano co néctar e utilízano para alimentar á colmea. Entre os seus múltiples beneficios cabe destacar, ademais de ser unha gran fonte de enerxía, que permite aumentar o nivel de hemoglobina do sangue o que o fai ideal para as persoas que padecen anemia. A parte de conter vitaminas importantes para o corpo humano como a A e a B, axuda a regular os problemas de tránsito intestinal. E trátase dun produto que pode consumir calquera persoa, mesmo cando se padece diabete. A forma de consumo máis aconsellable é tomar unha cullerada de café cada día durante 20 días ao mes e descansar 10 días. Pódese consumir directamente ou mesturándoo con outros produtos, como iogures, auga, zumes...

--------------------------------------------------------

Mel de castiñeiro. Envase de 500g

O mel de castiñeiro, producido polas abellas tras visitar as flores do castiñeiro, debe o 80% da súa composición a este tipo de flores. Trátase dun produto cunha gran riqueza en ferro, potasio, magnesio e oligoelementos. Considérase beneficioso para a circulación sanguínea así como tamén favorece a dixestión. É moi aconsellable tomalo diariamente para subir as defensas do organismo e evitar enfermidades como a gripe ou arrefriados. Este mel mantén todas as súas propiedades naturais intactas debido a que se trata dun produto ecolóxico. Nos cambios de temperatura cristaliza, pero se se quenta a menos de 30 graos volve ao seu estado líquido sen perder as súas propiedades.

--------------------------------------------------------

Mel de breixo. Envase de 500g